BENVIDOS

Un novo curso acaba de comenzar así que tódolos papás, mamás e familias volvemos tamén cheos de enerxía para afrontar este novo ano.
Desde a ANPA dámoslle a benvida a todas as familias, tanto de nova incorporación como antigas.
É importante a unión e a colaboración entre tod@s para intentar mellorar día a día as condicións nas que conviven os nosos pequen@s.
Esperamos novos membros cos brazos abertos porque así teremos novas ideas, diferentes puntos de vista, críticas constructivas e apoio.
Animádevos a participar nesta organización!!!